TEENAGE MUTANT NINJA TURTLES III - THE MANHATTAN PROJECT [NES]
TEENAGE MUTANT NINJA TURTLES III - THE MANHATTAN PROJECT
PLATAFORMA: NES / FAMICOM
DESENVOLVEDORA: KONAMI
XÉNERO: BEAT'EM UP
DATA: 13 DE DECEMBRO 1991 (XAPÓN) / FEBREIRO 1992 (EUA)
VERSIÓN DO PARCHE: 1.0
Parche ó galego do xogo Teenage Mutant Ninja Turtles III - The Manhattan Project para a NES/FAMICOM. Publicado en Xapón en 1991 e en 1992 en EUA. Un xogo beat'em up no que poderemos escoller ás catro tartarugas e xogar a un xogador ou dos xogadores en dous modos diferentes, modo A no que hai dano entre xogadores e modo B no que non. Deberemos superar diferentes niveis para rescatar a April mentres loitamos contra os esbirros do Desfibrador.
Sobre o parche:
Traducidos todos os textos que aparecen no xogo, así como os gráficos de Fin do Xogo e o de escoller tartaruga ó perder unha vida. Tamén o menú oculto para escoller nivel. Non atopei o xeito de modificar como me gustaría o menú de inicio onde se escolle modo un xogador ou dous xogadores. Na versión orixinal aparece "1 TURTLE", "2 TURTLES A" e "2 TURTLES B". O mellor era poñer "1 TARTARUGA", "2 TARTARUGAS A" e "2 TARTARUGAS B", pero tras varios intentos decidín poñer "XOGAR SÓ", "PARELLAS A" e "PARELLAS B".
No caso de que alguén vexa algún erro, así como suxestións ou dúbidas que deixe unha mensaxe.
Aplicación do parche:
Usar o LunarIPS sobre a seguinte rom: Teenage Mutant Ninja Turtles III - The Manhattan Project (U) [!].nes
File MD5 483695DE094F4DD49652C5BC78BDBA19
File SHA-1 30B6AFB694AB5045B88F723A1ADE44575C33FB69
File CRC32 DBB3BC30
ROM MD5 AF57C886E9D1292D4E0F84E057A5DAE6
ROM SHA-1 B3228341C41EDD6751AF37FD3DC83B07899A6D55
ROM CRC32 BB6D7949
Comentarios
Publicar un comentario