Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta NAMCO

STAR WARS (NAMCO) [NES]

Imaxe
STAR WARS (NAMCO) PLATAFORMA: NES / FAMICOM DESENVOLVEDORA: NAMCO XÉNERO: ACCIÓN, PLATAFORMAS DATA: 4 DE DECEMBRO 1987 VERSIÓN DO PARCHE: 1.0 Parche ó galego do xogo de 1987 Star Wars de Namco para a NES/FAMICOM, publicado só en Xapón. O xogo está baseado na primeira película de Star Wars: Unha Esperanza Nova, e digo baseado porque a historia é un "pouco" diferente á película. No xogo controlamos a Luke, que recibe a mensaxe da princesa Leia pedindo axuda para que vaia no rescate dela e outros compañeiros. Dende o comezo usaremos como arma a espada láser e poderemos usar o poder da forza para levitar, invencibilidade, etc. Cando rescatemos os nosos compañeiros, necesitaremos da súa axuda en diferentes partes do xogo. Entre os niveis de "rescate", teremos outro tipo de niveis nos que viaxaremos no Falcón Milenario defendéndonos de varios TIE e o último na Estrela da Morte pilotando o X-Wing. Ás veces é un xogo algo complicado, xa que cun toque dun inimigo perderemos ...