TEENAGE MUTANT NINJA TURTLES III - THE MANHATTAN PROJECT [NES]

TEENAGE MUTANT NINJA TURTLES III - THE MANHATTAN PROJECT PLATAFORMA: NES / FAMICOM DESENVOLVEDORA: KONAMI XÉNERO: BEAT'EM UP DATA: 13 DE DECEMBRO 1991 (XAPÓN) / FEBREIRO 1992 (EUA) VERSIÓN DO PARCHE: 1.0 Parche ó galego do xogo Teenage Mutant Ninja Turtles III - The Manhattan Project para a NES/FAMICOM. Publicado en Xapón en 1991 e en 1992 en EUA. Un xogo beat'em up no que poderemos escoller ás catro tartarugas e xogar a un xogador ou dos xogadores en dous modos diferentes, modo A no que hai dano entre xogadores e modo B no que non. Deberemos superar diferentes niveis para rescatar a April mentres loitamos contra os esbirros do Desfibrador. Sobre o parche: Traducidos todos os textos que aparecen no xogo, así como os gráficos de Fin do Xogo e o de escoller tartaruga ó perder unha vida. Tamén o menú oculto para escoller nivel. Non atopei o xeito de modificar como me gustaría o menú de inicio onde se escolle modo un xogador ou dous xogadores. Na versión orixinal aparece ...