MANUAIS E PROGRAMAS

 

Recompilación de diferentes recursos para iniciarse no mundo da tradución de roms. Hai moita información por internet sobre este tema, pero isto é o máis básico para comezar a traducir e o que máis me axudou nas miñas traducións. 

NOTA: non son o autor de nigún destes recursos. As ligazóns van á páxina de cada autor.

 

Manuais de tradución:

- "Manual de traducción de videojuegos: el fascinante mundo del ROM Hacking" por Pablo Muñoz Sánchez: excelente guía de tradución de roms con varios exemplos explicados minuciosamente, dende o máis básico ó máis avanzado. (En castelán e portugués).

- "Guía de traducción de roms" por DaRKWiZaRDX: unha guía para iniciarse na tradución que ensina de xeito sinxelo diferentes temas de romhacking. (En castelán).


Aplicacións romhacking:

- "WindHex32" por Bongo`: editor hexadecimal con todo o necesario para facer unha tradución. (En inglés).

- "Translhextion" por Januschan: outro editor hexadecimal. (En inglés).

- "Tile Layer Pro" por SnowBro: un programa sinxelo e moi doado de usar para editar os gráficos dos xogos. Hai un parche para arranxar un pequeno "bug" para descargar aquí. (En inglés).

- "Lunar IPS" por FuSoYa’s Niche: programa para aplicar e crear parches. (En inglés).


Comentarios

Publicacións populares deste blog

STAR WARS (NAMCO) [NES]

STAR WARS (LUCASFILM) [NES]

TEENAGE MUTANT NINJA TURTLES III - THE MANHATTAN PROJECT [NES]