STAR WARS (NAMCO) [NES]
STAR WARS (NAMCO)
PLATAFORMA: NES / FAMICOM
DESENVOLVEDORA: NAMCO
XÉNERO: ACCIÓN, PLATAFORMAS
DATA: 4 DE DECEMBRO 1987
VERSIÓN DO PARCHE: 1.0
Parche ó galego do xogo de 1987 Star Wars de Namco para a NES/FAMICOM, publicado só en Xapón. O xogo está baseado na primeira película de Star Wars: Unha Esperanza Nova, e digo baseado porque a historia é un "pouco" diferente á película. No xogo controlamos a Luke, que recibe a mensaxe da princesa Leia pedindo axuda para que vaia no rescate dela e outros compañeiros. Dende o comezo usaremos como arma a espada láser e poderemos usar o poder da forza para levitar, invencibilidade, etc. Cando rescatemos os nosos compañeiros, necesitaremos da súa axuda en diferentes partes do xogo. Entre os niveis de "rescate", teremos outro tipo de niveis nos que viaxaremos no Falcón Milenario defendéndonos de varios TIE e o último na Estrela da Morte pilotando o X-Wing. Ás veces é un xogo algo complicado, xa que cun toque dun inimigo perderemos unha vida. Para poder continuar a partida ó rematar as vidas hai un truco, pero necesitamos ter antes de morrer 30 puntos de forza. O truco consiste en manter premido arriba, mentres prememos 8 veces o botón A, hai que facelo na pantalla de fin do xogo.
Sobre o parche:
Está baseado no parche ó inglés de Mukimuki & Shinta. Cando xa ía pola metade da tradución atopei outro parche máis moderno e con mellor tradución (Gil Galad), pero por non comezar de novo só usei este parche para xogar, ver as diferenzas nas traducións e adaptar a miña á que entendía que quedaba mellor. Creo que fixen só dous cambios con respecto a estas traducións:
- O nome do planeta xeado, que nas dúas traducións ó inglés sae como Tina (planeta que non existe no universo Star Wars) e penso que é Hoth.
- O diálogo cando rescatas a Princesa Leia, foi un cambio para achegar o xogo á historia orixinal da película.
Tamén decir que a intro do xogo (as famosas introducións en letras amarelas de Star Wars que aparecen ó inicio) é unha transcrición da dobraxe galega da película (salvo unha palabra que me parece que di "astronaves" e eu deixei "naves").
É a miña primeira tradución polo que sei que podería estar mellor. Espero non ter faltas ortográficas, se alguén atopa algunha ou quere recomendar algún cambio léxico que comente no blog (a finalidade de facer traducións a parte de aprender sobre romhacking tamén é para practicar galego). Aínda teño que aprender a modificar o código para aumentar a cantidade de caracteres que podo introducir e non estar discorrendo frases que se adapten ó espazo dispoñible, pero o xogo está traducido completamente, dende a presentación ata os créditos e os gráficos de THE END.
Se alguén ten algunha suxestión, dúbida ou detecta algún erro, que deixe unha mensaxe por aquí.
Aplicación do parche:
Usar o LunarIPS sobre a seguinte rom: Star Wars (J) (Namco) [!].nes
File MD5 86382CFADA9D12B339B1DB8E5BBFF026
File SHA-1 D5047DA05E3F161B97A11CA271671380635B4B8D
File CRC32 CCE17A0E
ROM MD5 5D2338F611BBE3BBCE9AEA985E1DB0AA
ROM SHA-1 08AAA87EDD792233E5B0D39AFC2C2CCFFDF839BD
ROM CRC32 CA69751B
Descarga: MEGA / MediaFire / Romhackplaza
Comentarios
Publicar un comentario