STAR WARS (LUCASFILM) [NES]

STAR WARS (LUCASFILM) PLATAFORMA: NES / FAMICOM DESENVOLVEDORA: LUCASFILM XÉNERO: ACCIÓN, PLATAFORMAS DATA: 15 DE NOVEMBRO 1991 VERSIÓN DO PARCHE: 0.99b (faltan os créditos) Parche ó galego do xogo de 1991 Star Wars de Lucasfilm para a NES/FAMICOM. Está baseado na primeira película de Star Wars: Unha Esperanza Nova, sendo máis fiel á película do que foi o outro desenvolvido por Namco. O xogo é principalmente de plataformas, podendo controlar a Luke, Leia e Han Solo, axudados por Obi Wan. Tamén hai varias fases no Falcón Milenario esquivando asteroides e no X-Wing loitando contra cazas do Imperio. Sobre o parche: Están traducidos todos os diálogos do xogo, así como a pantalla de estado para cambiar de personaxe, a pantalla de continuación e as de fin do xogo (fin por non continuar e a de fin ó completar o xogo). Non atopei o xeito de traducir os créditos (por iso deixo o parche como versión 0.99). Tamén traducidos os gráficos de saída das covas de Tatooine. Na rom ...