STAR WARS (LUCASFILM) [NES]

STAR WARS (LUCASFILM)

 


PLATAFORMA: NES / FAMICOM

DESENVOLVEDORA: LUCASFILM

XÉNERO: ACCIÓN, PLATAFORMAS

DATA: 15 DE NOVEMBRO 1991

VERSIÓN DO PARCHE: 0.99b (faltan os créditos)









Parche ó galego do xogo de 1991 Star Wars de Lucasfilm para a NES/FAMICOM. Está baseado na primeira película de Star Wars: Unha Esperanza Nova, sendo máis fiel á película do que foi o outro desenvolvido por Namco. O xogo é principalmente de plataformas, podendo controlar a Luke, Leia e Han Solo, axudados por Obi Wan. Tamén hai varias fases no Falcón Milenario esquivando asteroides e no X-Wing loitando contra cazas do Imperio. 


Sobre o parche:

Están traducidos todos os diálogos do xogo, así como a pantalla de estado para cambiar de personaxe, a pantalla de continuación e as de fin do xogo (fin por non continuar e a de fin ó completar o xogo). Non atopei o xeito de traducir os créditos (por iso deixo o parche como versión 0.99). Tamén traducidos os gráficos de saída das covas de Tatooine.

Na rom aparecen catro diálogos ós que lle fixen a tradución pero non puiden probalos dentro do xogo, porque nas partidas que lle botei non aparecen. Un deles é de C3PO dicíndolle a R2 que non sabe por que se xoga o pescozo por el, cando suxire a Luke que o compre. Esta frase é imposible que apareza no xogo porque este comeza cando R2 desaparece, así que pode que quedara metida no código despois de que os programadores retiraran esa parte da película. Despois hai outras dúas que parecen corresponder á fase da Estrela da Morte, porque son case idénticas ás que realmente aparecen, pero como dixen, nas partidas que botei eses diálogos non apareceron. E a última, que me pareceu moi raro non ver pero sí está no código, é "Luke, a forza estará contigo". Esta frase é o último que di Obi Wan a Luke antes de separarse na Estrela da Morte, pero no xogo nada. Se alguén atopa estes diálogos, por favor que me comente onde e que fixo para chegar a eles:

- NON ME PREGUNTES POR QUE ME XOGO O PESCOZO POR TI PORQUE NON O SEI.

- LUKE, A FORZA ESTARÁ CONTIGO.

- ATOPEI A CANLE DO ORDENADOR, SEÑOR. CREO QUE PODO COMUNICARME CON VOSTEDE DENDE AQUÍ (a frase que aparece é "ATOPAMOS A CANLE DO ORDENADOR, SEÑOR).

- R2 DEBERÍA PODER INTERPRETAR TODA A REDE IMPERIAL (a frase que aparece é "CONECTADE A R2-D2. HA DE PODER INTERPRETAR TODA A REDE IMPERIAL").

No caso de que alguén vexa algún diálogo con erros ou algunha letra que apareza por riba dalgunha imaxe, así como suxestións ou dúbidas que deixe unha mensaxe.


Aplicación do parche:

Usar o LunarIPS sobre a seguinte rom: Star Wars (U) [!].nes
 

File MD5      2196B9D3DCCE0A29D82A707F63761BC6        
File SHA-1    372CBD8991C8A1D5ED15189B47D5990FBA5D4485
File CRC32    EB506BF9                                
ROM MD5       25496DF74D7E25BB0DAFF1ADCC40CADC        
ROM SHA-1     1B34BDC4AD9FCF68A91FB589B1BC6C3888261BD0
ROM CRC32     C1C3636B                                                                 

Descarga: MEGA / MediaFire / Romhackplaza

Comentarios

Publicacións populares deste blog

STAR WARS (NAMCO) [NES]

TEENAGE MUTANT NINJA TURTLES III - THE MANHATTAN PROJECT [NES]