FLASHBACK - THE QUEST FOR IDENTITY [SNES] [actualizado 15/03/2025]

FLASHBACK - THE QUEST FOR IDENTITY [SNES] [actualizado 15/03/2025] PLATAFORMA: SNES DESENVOLVEDOR: DELPHINE SOFTWARE / US GOLD XÉNERO: ACCIÓN, PLATAFORMAS DATA: 1993 VERSIÓN DO PARCHE: 1.0b (15/03/2025) Parche ó galego do xogo de 1992 Flashback de Delphine Software para a Super Nintendo. É un xogo de plataformas e acción con pequenos "puzzles" que hai que resolver para avanzar durante os 7 niveis que compoñen esta aventura. Usa a técnica de "rotoscope" para a animación dos personaxes ó igual que Prince of Persia e outros xogos da mesma época. Apareceu por primeira vez en Amiga e foi portado a outros sistemas da época como Mega Drive, Sega CD, MS-DOS, PC98 e moitos máis. A version de SNES sufreu unha pequena censura, aínda que isto non impide gozar da aventura. Nunha parte do xogo na versión orixinal aparece un bar e na versión de Super Nintendo cambia por un café, tamén o barman pasa a ser camareiro. Noutra parte a chamada "Death Tower" na versión orixi...